No BOE do 3 de xaneiro de 2015 publícase o Currículo básico do bloque de materias troncais e de materias específicas da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato, así como dos Elementos transversais:
Elementos transversais:
1. A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
2. Os currículos buscarán o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero ou contra persoas con minusvalidez e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social.
A aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto aos home e mulleres por igual, ás persoas con minusvalidez e o rexeitamento á violencia terrorista, a pluralidade, o respecto ao Estado de dereito, o respecto e consideración ás vítimas do terrorismo e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.
A programación docente debe comprender en todo caso a prevención da violencia de xénero, da violencia contra as persoas con minusvalidez, da violencia terrorista e de calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia, incluído o estudo do Holocausto xudeu como feito histórico.
Evitaranse os comportamentos e contidos sexistas e estereotipos que supoñan discriminación.
Incorporaranse elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible e o medio, os riscos de explotación e abuso sexual, o abuso e maltrato ás persoas con minusvalidez, as situacións de risco derivadas da inadecuada utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, así como a protección ante emerxencias e catástrofes.
3. Os currículos buscarán o desenvolvemento e afianzamento do espírito emprendedor, á adquisición de competencias para a creación e desenvolvemento dos diversos modelos de empresas e ao fomento da igualdade de oportunidades e do respecto ao emprendedor e ao empresario, así como á ética empresarial. As Administracións educativas fomentarán as medidas para que o alumnado participe en actividades que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
4. A actividade física e a dieta equilibrada deben formar parte do comportamento xuvenil. Para estes efectos, promoverase a práctica diaria de deporte e exercicio físico por parte dos alumnos e alumnas durante a xornada escolar.
5. No ámbito da educación e a seguridade vial, promoveranse accións para a mellora da convivencia e a prevención dos accidentes de tráfico, co fin de que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como usuario das vías, en calidade de peón, viaxeiro e condutor de bicicletas ou vehículos a motor, respecte as normas e sinais, e favorézase a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións axeitadas tendentes a evitar os accidentes de tráfico e as súas secuelas.
Contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables:
http://www.boe.es/boe/dias/2015/01/03/pdfs/BOE-A-2015-37.pdf