Hai saída: campaña para a mocidade contra a violencia de xénero

05 Nov 2014

haysalida.art2O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade deseñou unha campaña para detectar casos de malos tratos entre os adolescentes e fomentar a igualdade.

Detectar sinais precoces de malos tratos e fomentar a igualdade, así como un uso responsable das novas tecnoloxías, é o obxectivo da campaña que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade deseñou dentro da plataforma Hai Saída, dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero. Case o 30% dos adolescentes recoñece que as súas parellas lles controlaron a súa liberdade dalgún xeito. Ademais, preocupa a situación dos fillos que presencian condutas de malos tratos, xa que aprenden roles de agresor e vítima que reproducen contra as súas propias nais.

Mozas vítimas de malos tratos

Nacións Unidas define a violencia contra a muller como "calquera acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino, que teña como resultado un dano físico, psicolóxico ou sexual para as mulleres". O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade recorda que, no noso país, "a lei fala" de 'violencia de xénero' para referirse especificamente a unha destas formas de violencia: a que exerce a parella ou exparella sobre a muller". En definitiva, alúdese a unha desigualdade entre homes e mulleres, ás cales se considera subordinadas a estes

Pero as mulleres non son as únicas vítimas de maltrato. O estudo "Percepción social da violencia de xénero", elaborado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) en colaboración coa Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, detectou como un 30% dos mozos sufriu algún tipo de control por parte das súas parellas, aínda que a miúdo non o distingan como tal.

As situacións ás que se enfrontan algunhas adolescentes son dramáticas. Por iso, o Ministerio deseñou, dentro da plataforma "Hai Saída", unha nova campaña dirixida aos mozos. A finalidade é detectar casos de malos tratos, descubrir quen é vítima dalgún tipo de control por parte das súas parellas e ensinalos a facer un uso responsable das redes sociais e das novas tecnoloxías, como medios a través dos cales os mozos establecen boa parte das súas relacións.

Violencia de xénero, onde pedir axuda:

Chamar o 016. Este teléfono é gratuíto. Nel obtense información e asesoramento xurídico, as 24 horas do día e en 51 idiomas. Non deixa rastro nas facturas telefónicas.

Campaña "hai saída": https://www.msssi.gob.es/campannas/campanas13/haySalida.htm

Web de recursos: http://wrap.seigualdad.gob.es/recursos/search/SearchForm.action