Escola de Tempo Libre VITAE

ETLVitae8

A Escola de Tempo Libre Vitae ten como principios fundamentais a formación de persoal que está a traballar no eido do tempo libre, especializándose en formacións complementarias reguladas que lle dean garantías e un maior acceso ao mercado laboral a todas aquelas persoas interesadas neste eido. Así mesmo, quere contribuír á actualización e a capacitación de traballadores/as con dificultades de integración ou adaptación ao mercado laboral, creando novos postos de traballo no sector do lecer e do tempo libre.

Vitae ten por obxectivo a formación de persoas no eido do tempo libre a fin de promover a creación de equipos de traballo creativos e innovadores que vaian na procura de respostas sociais e que participen activamente na mellora da calidade do seu entorno.

Entidade Titular: A Billarda S.L. (Vitae).

Enderezos: Rúa Rof Codina. Nº 37-39. 27002. Lugo.

Teléfonos de contacto:  982 220 372 ;  639 950 045

Enderezo  electrónico: animacion@grupovitae.com

Páxina Web

Redes Sociais

Horario de atención ó público: De luns a venres de 8:00h a 14:00h e de 16:00 h a 18:00 h

Catálogo de formación:

  • Cursos de monitor/a de tempo libre
  • Cursos de director/a de tempo libre
  • Cursos de director/a de campos de traballo
  • Curso de monitor/a de Ludotecas
  • Curso de monitor/a de Comedores Escolares
  • Curso de monitor/a Deportivo
  • Curso de Animación de Maiores