“CURSO MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE NO ESPAZO XOVE DE BETANZOS”

30 Set 2014

“CURSO MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE NO ESPAZO XOVE DE BETANZOS”

(ESPAZO XOVE DE BETANZOS- DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO)

 

O título de Monitor de Actividades de Tempo Libre está regulado polo Decreto 50/2000 do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude e polo Decreto 58/2012, de 12 de xaneiro, polo que se modifica (parte) do decreto 50/2000, de 20 de xaneiro,  polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude  para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de decembro de 2006, relativa ós servizos do mercado interior. É un titulo oficial emitido pola Xunta de Galicia; ten coma obxectivo formar persoas capaces de realizar actividades de lecer, recreativas e socioculturais, tanto no tempo libre urbán como na natureza. Sendo monitor/a, poderás traballar con nenos, mocidade e maiores, en campamentos, comedores escolares, saídas, excursións, actividades extraescolares, ludotecas, etc... Se estás nunha asociación poderás ocuparte da animación e dinamización da mesma.


DATA DE INICIO DO CURSO:  comeza o sábado 1 de novembro de 2014.

DATA FINAL DO CURSO: Remata o sábado 14 de marzo de 2015.

LUGAR DAS CLASES: As clases teórico-prácticas serán no Espazo Xove de Betanzos (rúa Valdoncel nº 7, 15300 Betanzos, Tlf. 981.774.089, cxbetanzos.traballo@xunta.es). Haberá saídas e acampada.

PRAZAS: 25. Os participantes deben ser maiores de idade e estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: ESO, Graduado escolar ou Técnico auxiliar en formación profesional.

HORARIOS DAS CLASES: 9 a 14 horas e de 16,00 a 21,00 horas. As clases serán, basicamente, en sábados. Haberá un fin de semana completo de clase (sábado e domingo, para facer o modulo de campismo e aire libre). O curso ten unha duración de 200 horas lectivas e 150 horas de prácticas.

INSCRICIÓNS: Por orde de inscrición, ata ocupar prazas (mínimo de 20 alumnos)

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 1 foto carné, copia DNI, copia tarxeta sanitaria, copia título académico, encher ficha do curso.


PREZO XERAL
Xeral 250,00 euros
Carné Xove, membros de AAXX, desempregados 
240,00 euros


DATAS DAS CLASES NOVEMBRO: 1, 8, 15, 22, 29 DECEMBRO: 13, 20, 27
XANEIRO: 3, 10-11, 17, 24, 31 FEBREIRO: 7, 14, 21, 28 MARZO: 7, 14

 

MAIS INFORMACIÓN
CURSO DE MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE en BETANZOS

ESPAZO XOVE DE BETANZOS
Valdoncel 7, 15300 Betanzos
Tlf. 981.774.089
cxbetanzos.traballo@xunta.es