Curso de Xardinería en Vilanova de Arousa

23 Xul 2014

Dende a Oficina de Información Xuvenil infórmase de que xa está aberto o prazo para anotarse no curso de XARDINERÍA dentro do programa "ACTÍVATE" da Deputación de Pontevedra.

O cursiño é gratuito, e levarase a cabo en Vistarreal a partires do mes de outubro.

É de 40 horas.

Terán preferencia os desempregados de entre 16 e 35 anos. Os traballadores ou maiores de esa idade, poden anotarse por si quedan prazas libres.

+ INFO: Para anotarse ou ter máis información podedes acudir á Oficina de Información Xuvenil do concello, sita na casa de cultura de Vilanova, nos teléfonos 986 55 48 45 ou 986 55 46 93 ou a través do mail en omix@vilanovadearousa.com.