Programa GAIA de formación e práctica en distintas empresas da FUE

16 Nov 2010

GAIA é un programa de bolsas que ofrece formación teórica e práctica en distintas empresas con sedes nacionais e internacionais.

 

Requisitos
1. Ser cidadán español ou estranxeiro con permiso de residencia.
2. Posuír un título universitario oficial.
3. Ter obtido o Título Universitario nos catro anos anteriores á convocatoria das bolsas.
4. Non ter desempeñado traballo profesional ningún relacionado con a titulación universitaria despois de finalizar os seus estudos, acollido a calquera das modalidades de contratación laboral.
5. Non ter obtido praza no Programa con anterioridade.
6. Estar disposto a fixar a residencia no lugar onde radique a praza asociada á bolsa que lle sexa concedida.

 

Características xerais
Dotación económica: Un importe mínimo de 800 €uros/mes, segundo o país e cidade de destino.
Duración: As prácticas terán unha duración de 6 ou 12 meses, durante os cales terá que realizarse a formación teórica, on-line e presencial.
Horario: Xornada completa segundo horario da empresa.
Plan de Formación: 300 horas lectivas en 6 meses.
Título Propio: Da Universidade de Alcalá.
Certificación: Da empresa receptora.
Seguros: Seguro de Accidentes e de Asistencia Médica

 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto todo o ano.

 

Fundación Universidade Empresa  http://programagaia.es/