A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vai desenvolver un encontro informativo aberto a todos os albergues xuvenís existentes en Galicia, coa finalidade de dar a coñecer os beneficios derivados de pertencer á REAJ (Rede Española de Albergues Xuvenís).
Neste Encontro vaise contar coa presenza do director xeral de Xuventude e Voluntariado e de D. Sergio Montoya (xerente da REAJ), que fará entrega nese mesmo día ao Albergue Xuvenil das Corcerizas (Vilar de Barrio) do premio Fondo de Sustentabilidade que outorga Hostelling International, grazas ao seu proxecto de soberanía enerxética.
Data: 29 de maio de 2014
Lugar: Sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, sito na Avenida da Habana, 79.
Programa:
- 12:45 h. Apertura do encontro a cargo de Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude e Voluntariado
- 13:00 h.- Intervirá Sergio Montoya, xerente da REAJ, que explicará:
- Que é a Reaj?
- Para que sirve?. Beneficios derivados de pertencer á REAJ
- O carné de alberguista
- Programas da REAJ: MOVIC II.Intercambios xuvenís nos albergues, Unesco-Reaj, concursos
- Difusión e promoción
- Nova web e perfís sociais
- Hostelling Internacional, os beneficios de pertencer a unha rede mundial.
- HI 360º. Novo motor de reservas
- Programa de grupos, Big Blog Exchange, Fondo de sostenibilidade
- 14:15 h.- Turno de debate e preguntas.
Calquera albergue interesado en asistir (forme parte ou non da Rede de Albergues Xuvenís de Galicia e da REAJ) deberá inscribirse enchendo o seguinte formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 26 de maio inclusive.