A Asociación Castaño y Nogal organiza, do 15 ao 30 de agosto de 2015, a VI edición do seu campo de traballo internacional, que ten por destinatarios a mozos e mozas de 22 a 35 anos.
No campo realizaranse tarefas de conservación e limpeza do sendeiro tradicional ao longo do río Donsal. As tarefas inclúen a rehabilitación dos antigos elementos arquitectónicos existentes ao largo do sendeiro, cortar maleza, reparar pequenas pontes de madeira, pintar sinais indicadoras da ruta... O campos incluirá tamén, como actividades complementarias, encontros con familias da zona, obradoiros, visitas e excursións a lugares de interese da zona e de Galicia.
Podedes consultar as bases da convocatoria nos seguintes enlaces:
ENGLISH: http://www.asociacioncastanoynogal.com/InternationalVoluntaryCamp.html
Contacto e inscrición:
As persoas voluntarias que queiran inscribirse deberán cubrir o formulario dispoñible na web da asociación: http://www.asociacioncastanoynogal.com/blog/wp-content/uploads/2015/04/Formulario_Inscripcion_CTI_CyN_2015.pdf
O formulario debe remitirse por correo electrónico ao enderezo: contacto@asociacioncastanoynogal.com ou por correo postal urxente ao enderezo que figura no mesmo formulario de inscrición.
Sitios Web:
Web: http://www.asociacioncastanoynogal.com
Blog: http://www.asociacioncastanoynogal.com/blog
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Asociacion-Casta%C3%B1o-y-Nogal/77062553646