Campos de traballo 2014

15 Abr 2014

O vindeiro 23 de abril ábrese o prazo para solicitar prazas nos campos de traballo en Galicia, nacionais e internacionais.

Ofertamos actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:

  • Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos).
  • Etnográficos, culturais e patrimoniais (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).
  • Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).
  • Do audiovisual (aproximación ós distintos aspectos formativos do mundo audiovisual)
  • Bioconstrución e autoconstrución
  • Dinamización turística

Consulta a oferta en Acción de verán