Escola de Tempo Libre ALOUMIÑA

A Escola de Tempo Libre Aloumiña nace do desexo dun grupo multidisciplinar de profesionais, con máis de 20 anos de experiencia no eido do tempo libre e a educación non formal, de ofertar unha formación de calidade centrada en catro eixos transversais: a interculturalidade, a perspectiva de xénero, a diversidade funcional, e a educación para o desenvolvemento sostible.

O equipo formativo da Escola propoñemos un programa educativo que se centra na diversidade cultural e na igualdade de oportunidades para todas as persoas, independentemente do seu xénero ou das súas capacidades. A metodoloxía educativa aplicada  busca axudar ás persoas a desenvolver actitudes e a adquirir coñecementos e competencias que lles permitan tomar e poñer en práctica decisións fundamentais, en beneficio propio e dos demais, para o momento presente pero coa mirada posta nas futuras xeracións.

A ETL Aloumiña ofrece a posibilidade de realizar as prácticas dos seus respectivos cursos en diversas entidades públicas e privadas de acción social cos que a Escola estableceu acordos de colaboración. Ademais, facilita a formación permanente no tempo libre e a educación non formal a través de cursos monográficos propios, con ofertas especiais para o seu alumnado.

Un programa de accións teórico-prácticas organizadas pola propia escola, como campamentos, intercambios xuvenís, xornadas temáticas, etc., permite ofertar aos/ás futuros/as profesionais do tempo libre un amplo abano de experiencias que favorezan o seu acceso no mercado laboral.  ALOUMIÑA

Entidade titular: Asociación Sociocultural Aporía

Enderezo: Rúa da Fonte nº 24, Baixo, Lalín (Pontevedra)
Teléfono fixo/Fax: 986 78 17 26

Teléfonos móbiles: 679 30 61 88 / 606 50 96 11

etlaloumina@gmail.org

Páxina web: www.etlaloumina.org

Horario de atención ao público: De luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Cita previa.

Ámbito xeográfico de actuación: Comunidade Autónoma de Galicia.
Oferta formativa:

- Cursos de tempo libre do primeiro nivel de formación:

  • · Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

-          Cursos de tempo libre do segundo nivel de formación:

  • Director/a de Actividades de Tempo Libre
  • Director/a de Campos de Traballo.

-          Cursos monográficos:

  • Danzas e Xogos Tradicionais Galegos
  • Igualdade de Oportunidade e Corresponsabilidade no Tempo Libre
  • A Interculturalidade no Tempo Libre
  • Aprendendo na Diversidade
  • Liderazgo e Xestión de Equipos
  • Deportes e Actividades na natureza
  • Introdución ás disciplinas circenses
  • Esculturas con globos
  • Maquillaxe de fantasía
  • Decoración temática de espazos

Outras actividades:

-          Xestión de proxectos de intervención socio-comunitaria

-          Intercambios xuvenís

-          Organización de campamentos e campos de traballo

-          Organización e xestión de eventos lúdico-educativos