GALEUROPA: prácticas laborais no estranxeiro

28 Feb 2014

GALEUROPAA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Galeuropa dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.

As prácticas terán unha duración de 8 semanas cun mínimo de 25 horas formativas semanais, e desenvolveranse no período comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva de persoas beneficiarias e o 30 de outubro de 2014.

As estadías teñen como finalidade apoiar as persoas participantes en actividades de formación para adquirir os coñecementos, as competencias e as cualificacións que complementen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento e a súa transferencia entre os países participantes ao mesmo tempo que perfeccionan as habilidades lingüísticas nun idioma estranxeiro.

Requisitos:
Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
Titulación:
– Título de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
– Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.

Contías máxima por participante, por 8 semanas:

Alemaña: 1.875 €
Finlandia: 2.290 €
Malta: 1.710 €
Austria: 2.040 €
Francia: 2.205 €
P. Baixos: 2.040 €
Bélxica: 1.955 €
Grecia: 1.875 €
Polonia: 1.625 €
Bulgaria: 1.465 €
Hungría: 1.710 €
Portugal: 1.790 €
Chipre: 1.790 €
Irlanda: 2.125 €
R. Checa: 1.790 €
Croacia: 1.875 €
Islandia: 2.040 €
R. Unido: 2.400 €
Dinamarca: 2.400 €
Italia: 2.125 €
Romanía: 1.540 €
Eslovaquia: 1.710 €
Letonia: 1.625 €
Suecia: 2.290 €
Eslovenia: 1.875 €
Lituania: 1.625 €
Turquía: 1.710 €
Estonia: 1.625 €
Luxemburgo: 1.955 €
Outros: 2.400 €

A contía adxudicada a cada persoa beneficiaria corresponderase coa cantidade que esta xustifique dentro dos límites da contía máxima sinalada.

Inscricións:
O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de marzo de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS324A

Maís información no DOG do 28 de febreiro de 2014 e nos teléfonos da Dirección Xeral de Xuventude, 881 999 567, 981 541 688, 981 544 854 e 981 544 645