UNESCO-Aschberg Becas para Artistas

14 Mai 2014

unesco-artistasUNESCO-Aschberg convoca bolsas para Artistas.

As Bolsas para Artistas UNESCO-Aschberg favorecen a mobilidade de novos artistas co fin de abrirlles novas perspectivas, permitirlles establecer un diálogo intercultural e expoñelos á diversidade cultural.
O programa ofrece residencias en todo o mundo a novos artistas (entre 25 e 35 anos). Comparte varios dos obxectivos da Convención sobre a Protección e a Promoción da Diversidade das Expresións Culturais (2005) que preconiza os intercambios culturais e subliña a creatividade e a necesidade para os artistas de enriquecerse ao contacto doutras culturas.
Estas experiencias de residencia exercen un papel catalizador no desenvolvemento das expresións artísticas de todas as culturas do mundo.

O Programa de bolsas UNESCO-Aschberg ofrece bolsas nos ámbitos das artes visuais, a creación literaria e a música.

Estas bolsas poden buscarse por rexións ou por disciplinas artísticas

Máis información en http://www.unesco.org/new/en/culture/themes/creativity/aschberg-bursaries-for-artists/by-disciplines/