Embaixada de Alemaña–DAAD (Servizo Alemán de Intercambio Académico) Bolsas anuais

21 Out 2010

Os distintos tipos de bolsas son:

DAAD - A Caixa: Bolsas anuais de postgrao e de investigación
En colaboración coa Fundación Obra Social "a Caixa" (www.laCaixa.es/ObraSocial).

DAAD - Bolsas de investigación de curta duración (de 1 a 6 meses)
Para estudantes de doutorado e mozos investigadores.

OLLO: As solicitudes para esta bolsa deben enviarse ao Centro de Información do DAAD, Barcelona.

DAAD - Estanzas de investigación en Alemaña para PDI con título de doutor (1 a 3 meses)
Bolsa para estanzas de investigación en Alemaña (1 a 3 meses) para persoal docente e investigador con título de doctor.

DAAD - Bolsas para profesores visitantes en Alemaña (de 3 a 48 meses)
A universidade alemá debe tomar a iniciativa para invitar o profesor visitante, organizar o proxecto e solicitar a subvención.

DAAD - Programa berlinés para artistas
Este programa é un dos máis prestixiosos programas de bolsas a nivel internacional para artistas de artes plásticas, literatura, música e cine. Concédense unhas 20 bolsas anuais, que por regra xeral comprenden unha estanza dun ano en Berlín.
(Para Artes Plásticas: Non é posible solicitar a bolsa o mesmo candidato. Hai unha comisión que propón aos futuros bolseiros.)

Bolsas do DAAD en colaboración con empresas alemás (biotecnoloxía)

Programa de postdoutorado do DAAD en colaboración coa empresa "Roche Diagnostics GmbH" (Biotecnoloxía) (www.roche.de/diagnostics)

Bolsas do DAAD en colaboración co DLR (German Aerospace Center)
O Programa "DLR-DAAD Research Fellowships" diríxese a doutorados, postdoutorados e sénior scientists.

Fundación Alexander von Humboldt - bolsas de investigación
a) Bolsa de postdoutorado (de 6 a 24 meses) para científicos recén doutorados: www.humboldt-foundation.de/web/771.html
b) Bolsa para científicos experimentados (de 6 a 18 meses) con traxectoria destacada: www.humboldt-foundation.de/web/1710.html

Accións Integradas Hispano-Alemás
(Intercambio a través de proxectos específicos)
O programa de Accións Integradas, convocado polo Ministerio de Ciencias e Innovación e cofinanciado polo DAAD, ten por obxecto promover novas colaboracións bilaterais entre grupos de investigación españois e de Alemaña.
Duración: de 2 a 3 anos

Información

http://www.daad.es/becas

Botschaft der Bundesrepublik Deutschland
Embaixada da República Federal de Alemaña
Rúa Fortuny 8, 28010 Madrid