Escola de tempo libre XARUMA

logo_xaruma_jpgA Escola de Tempo Libre XARUMA é unha entidade sen ánimo de lucro  que quere ofrecer formación, perfeccionamento e especialización á mocidade e a todas aqueas persoas que sexan ou queiran ser educadores/as nas actividades e técnicas orientadas á animación sociocultural e a promoción e emprego axeitado do lecer.

A oferta educativa da ETL acompáñase cunha serie de actividades complementarias que se desenvolven conxuntamente coa actividade educativa e que teñen por finalidade a intervención social e completar a formación integral das nosas persoas usuarias.

O seu obxectivo fundamental non é outro que favorecer a integración promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá; e o xeito para facelo será  a través dunha formación que sensibilice para traballar e participar no encontro social e poder facer intervencións socioculturais. 

Entidade titular:  Escola de Tempo Libre Xaruma

Enderezo:  Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate (cita previa).
Teléfonos de contacto:  698 175 266
Enderezo electrónico:  escola@xaruma.org

Páxina web:  http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/

Redes Sociais:  https://www.facebook.com/etlxaruma/

Horario de atención ao público:  De martes a venres, de 10 a 14 e de 16 a 17:30 horas (cita previa)

Catálogo de formación:
- Curso de monitor/a de tempo libre
- Curso de director/a de tempo libre
- Curso de director/a de campos de traballo
- Monográfico de: Organización e Dinamización de ludotecas; animación musical; promoción da saúde; educación para a saúde; aprendizaxe e servizo; globoflexia; ferramentas psicofísicas para monitores/as; elaboración de xabóns; horta escolar.