ALSA e a Rede Española de Albergues Xuvenís asinaron un acordo de colaboración

11 Xul 2013
  • Ofrecerá descontos as persoas alberguistas que utilicen os seus servizos de transporte

Promo_AlsaA compañía de transporte por estrada ALSA e a Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), da que forma parte a Rede de Albergues Xuvenís de Galicia, asinaron un acordo de colaboración que ten como obxectivo a promoción dos albergues xuvenís, do carné de alberguista e do uso do transporte público de viaxeiros/as por estrada.

O acordo contempla a posta en marcha dun programa de accións de promoción dos albergues xuvenís membros da REAJ e dos servizos de transporte regular operados por ALSA, encamiñado a incentivar o uso do carné de alberguista así como o uso do transporte en autobús para acceder aos diferentes albergues da rede.

Por un  lado, ofrécese as persoas titulares do carné de alberguista descontos especiais, a partir dun 15%, nos servizos de transporte regular de carácter internacional, nacional e rexional. Por outro, as persoas titulares da tarxeta Bus Plus de ALSA que adquiran o carné de alberguista gozarán dun 25% de tempo adicional na validez do seu carné.

A Rede Española de Albergues Xuvenís REAJ agrupa 260 albergues situados nos principais destinos turísticos e cidades máis importantes do noso país e conta con 100.000 socios. Está afiliada a  Hostelling International, que ten 4.500 albergues repartidos por todo o mundo.

Este convenio enmárcase dentro do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-15 do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, para contribuír á promoción activa do turismo en todas as súas vertentes, facilitando o acceso a aloxamentos e a actividades culturais, deportivas e de ocio, co fin de incentivar o uso do transporte regular por estrada e o turismo nacional e internacional.