O Xuventude.Novas deste mes ten como contidos principais as novas iniciativas para fomentar o emprego e a creatividade xuvenil

02 Xul 2013

O boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, inclúe na súa edición deste mes reportaxes sobre a convocatoria do certame Xuventude Crea e sobre o novo programa de traballo e autoemprego xuvenil no rural presentado pola Consellería de Traballo e Benestar ante a Unión Europea. O concurso admite a presentación de obras ata o 30 de xullo e acentúa a súa vocación de inserción laboral coa incorporación de profesionais no xurado. O proxecto presentado ante a UE aspira a formar parte dunha convocatoria comunitaria pioneira.portada42

 Este número contén ademais outra reportaxe sobre diversos recursos gratuítos para a aprendizaxe do inglés, sobre todo cursos a través da rede e utilidades que as novas tecnoloxías permiten nos medios de comunicación.

 Destaca tamén unha entrevista con Ozo Perozo, responsable do portal petitsodios, dedicado ás webseries feitas en Galicia. Perozo afirma que este tipo de traballos contan cunha factura profesional, a pesar de que o seu desenvolvemento se fundamenta no altruísmo.

 Unha reportaxe sobre a Iniciativa Xove ‘Green Tour’, que organizou o grupo informal Ribadumia Xove para poñer en contacto a mocidade da bisbarra co patrimonio natural e histórico da zona, e outra peza sobre o éxito dos músicos galegos nos premios da música independente, completan esta edición de Xuventude.Novas, que tampouco esquece a habitual axenda de concertos musicais para as vindeiras semanas.

 Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo en vez de abrilo noutra pestana