Escola de tempo libre 'Fervenza'

etlfervenzaDirección
Local social:Rúa Serafín Avendaño, 5 – 1º . 36201-Vigo

Postal: Rúa Conde de Torrecedeira, 17 - 7º D. 36202 - Vigo

Páxina web: http://escolafervenza.es

Correo electrónico: secretario@escolafervenza.es   

Teléfono
606321636

Programas específicos:
Os nosos programas baséanse na formación oficial promovida pola Dirección Xeral de Xuventude, cumprindo cos temarios propostos nos Cursos de Monitores e de Directores de Actividades de Tempo Libre, así como de Directores de Campos de Traballo.

Ademais organizamos cursos monográficos segundo as peticións de distintas asociacións, entidades e/ou colectivos.

Liñas de actuación pedagóxica:
As nosas liñas de actuación teñen como referencia a nosa ampla experiencia (de máis de 20 anos) no ámbito do tempo libre; sempre fomentando a formación das persoas, aplicando distintos conceptos da pedagoxía para o ocio.

Potenciamos a convivencia e o intercambio de experiencias. As distintas dinámicas de grupos son unha boa base.

A nosa aplicación dos programas intenta realizarse sempre do xeito máis práctico posible; de aí que sempre teñamos nos nosos cursos saídas, acampadas ou campamentos, coma o medio máis eficaz de pór en práctica certos contidos.