Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

02 Abr 2024

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

O obxecto deste procedemento é establecer axudas para fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2024, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento PL400A).

Entidades beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.

3. Estes concellos ou agrupamento de concellos deberán ter unha poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Importe total da convocatoria: 350.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día 27 de marzo ate o 26 de abril.

As datas dos gastos que se efectúen deberán estar comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2024

O prazo de xustificación remata o día 21 de outubro de 2024.

Máis información:
DOG 13 de Marzo
Enlace sede electrónica da Xunta de Galicia