Cromática, VIII Bienal de Pintura Nova

02 Abr 2024

Fundación Cum Laude organiza Cromática VIII Bienal de Pintura Nova.

O obxectivo desta bienal é dar unha oportunidade a novos pintores para expoñer os seus traballos máis representativos. Esta edición celebrarase na sala de Exposicións Ángel Valente de Ourense.

- Poderán participar todos os artistas que o desexen de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, inclusive e de calquera nacionalidade.
- Cada artista poderá participar cun máximo dunha obra. Non se realizará unha selección previa das obras máis aló de que a inscrición na Bienal cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria. As obras aceptaranse por estrita orde de recepción da inscrición ata completar o aforo da sala de exposicións. En caso de alcanzarse o espazo dispoñible na sala , pecharase a inscrición aínda antes de terminado o prazo da mesma.
– Declárase libre tanto a temática como as técnicas empregadas. Cando se abra a inscrición, os autores enviarán, unha fotografía, en boa calidade, da obra elixida para participar na Bienal a fundacioncumlaude@gmail.com especificando: autor, título, tamaño e técnica utilizada.
– Non hai límite de medidas no formato das obras, aínda que o padroado da Fundación, en función da capacidade da sala de exposicións, poderá descartar aquelas obras de gran formato que non se adapten ao espazo.

As obras deberán ser presentadas listas para colgar na exhibición. Rógase que as obras sexan enviadas correctamente embaladas e rotuladas como MOI FRÁXILES e ben protexidas, NON SE ADMITEN OBRAS CON CRISTAL, aconséllase envío en caixa de madeira para unha adecuada protección.

Haberá tres recoñecementos de obra:
- "Recoñecemento do Xurado", dotado cun premio en metálico por valor de 1000 €.
- "Premio Jaime Mateo Fernández" Un accesit do Xurado dotado con 200 €
- "Recoñecemento popular" á obra máis votada polo público, dotado cun premio en metálico por valor de 400 €.

Datas:
- Comezo da inscrición do 13 ao 27 de xuño de 2024 ou cando se alcance o límite de capacidade da Sala de Exposicións.
- Envío das obras do 27 de xuño ao 3 de xullo.
- Inauguración da Bienal 13 de xullo e clausura o 14 de setembro.
- Devolución das obras do 17 ao 26 de setembro.

https://www.fundacioncumlaude.com/