Tecnólog@ por un día

02 Abr 2024

A axencia AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) abre o prazo de inscrición da décima edición de Tecnólog@ por un día

Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.

A oitava edición volverá a celebrarse presencialmente, con prazas dirixidas a dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

Solicitude de inscrición ata o 9 de abril de 2024

Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá ao alumnado interesado, que deberá contar coa autorización dos pais/nais/titores legais.
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición.
O formulario de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles, segundo as distintas modalidades ofertadas polas empresas colaboradoras, ás que o alumnado poderá optar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3).

Asignación de prazas
As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público que se celebrará a segunda semana de abril no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A partir do 16 de abril, os docentes recibirán no enderezo electrónico sinalado no formulario de inscrición unha comunicación co resultado do sorteo e os pasos a seguir.

Desenvolvemento da actividade (Do 18 de abril ao 31 de maio de 2024)
As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da xornada e comunicarán ao alumnado e aos docentes as instrucións e outra información de interese para o desenvolvemento da xornada: lugar de celebración, axenda da sesión, autorización para a captación de imaxes...

https://digitalent.xunta.gal/es/iniciativa/tecn%C3%B3log-por-un-d%C3%ADa-10%C2%AA-edici%C3%B3n