Concurso de redacción xornalística para a mocidade

27 Mar 2024

RBA Libros e a revista National Geographic coa colaboración de Volvo e Fundación Ecomar convocan o V Concurso de redacción xornalística “Querido mar” para persoas mozas, no que se establecen 3 categorías diferentes dependendo da idade:
-Explorador 1: rapazada de 3º e 4º ESO
-Explorador 2: rapazada de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclo formativo grao medio
-Explorador 3: rapazada de 18 a 25 anos matriculados en universidades ou centros de estudos de grao superior

Os editoriais serán escritos con nivel xornalístico (texto argumentativo baseado en feitos e datos); deste xeito, as ideas e propostas expostas no editorial deberán basearse en datos fiables. Estarán redactados en lingua castelá e terán unha extensión de entre 400 e 500 palabras. A temática será "océanos: as súas especies e retos conservación".

A presentación dos traballos realizarase a través do formulario de inscrición.

Requisitos
Persoas mozas de entre 14 e 25 anos.

Dotación
-O traballo gañador en cada categoría será publicado na edición impresa da revista National Geographic España entre os meses de setembro e decembro de 2024. Ademais, recibirá unha cámara de fotos fujifilm instamax mini.
-Os gañadores dos tres mellores traballos de cada categoría recibirán unha subscrición gratuíta durante un ano á revista National Geographic España (valorada en 89,90€) e un lote de libros de RBA Libros e Publicacións, S.L. valorado en 100€.
-Os 10 mellores traballos de cada categoría, incluídos os tres gañadores, serán publicados na web da revista National Geographic España a partir do mes de xullo de 2024.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 12 de maio de 2024.

Máis información
https://www.nationalgeographic.com
Bases
Inscrición