Certame literario e xuvenil "Albaricoque de prata"

27 Mar 2024

O Concello de Moratalla (Región de Murcia) convoca o VI Certame literario e xuvenil "Albaricoque de prata" no que se establecen 4 categorías:
-Prosa: cunha extensión de entre 2 e 5 folios.
-Poesía: cunha extensión máxima de 100 versos.
-Microrrelato: cunha extensión máxima de 200 palabras.
-Microrrelato de tema local: cunha extensión máxima de 200 palabras.

A temática dos traballos será libre, salvo a categoría Microrrelato de tema local.  

A presentación das obras poderá realizarse mediante o envío por correo postal ao enderezo VI Certamen Literario "Albaricoque de Plata" 2024 Ayuntamiento de Moratalla C/ Constitución, 22 30440-Moratalla (Murcia) ou por correo electrónico ao enderezo albaricoquedeoroyplata@gmail.com

Requisitos
Poderán presentarse todos os mozos e mozas de entre 12 e 18 anos calquera que sexa a súa nacionalidade.

Dotación
Premio único en cada categoría: 100 € e trofeo.

O prazo de recepción das obras estará aberto ata o 30 de abril de 2024.

Máis información
https://sede.moratalla.regiondemurcia.es