Certame Nacional Literario Ateneo Cultural e Mercantil de Onda

27 Mar 2024

O Ateneo Cultural e Mercantil de Onda convoca o 59º Certame Nacional Literario Ateneo Cultural e Mercantil de Onda 2024 no que se establecen 2 modalidades:
-Premio Ateneo Cultural e Mercantil de Poesía: cunha extensión de entre 400 e 700 versos.
-Premio Ateneo Cultural e Mercantil de Relato Curto: cunha extensión de entre 15 e 25 páxinas.

Os traballos deben ser orixinais, inéditos e non premiados en certames anteriores. Poderán estar escritos en castelán ou valenciano. Cada autor poderá presentar un único traballo.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo certamennacionalateneoonda@gmail.com

Requisitos
Poderán presentarse escritores/as de nacionalidade española.

Dotación
-Premio Ateneo Cultural e Mercantil de Poesía: 1.000 €, trofeo e diploma
-Premio Ateneo Cultural e Mercantil de Relato Curto: 1.000 €, trofeo e diploma

O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 30 de abril de 2024.

Máis información
https://ateneoculturalonda.es/
Bases
certamennacionalateneoonda@gmail.com