Concurso de Fotografía Marlice

26 Mar 2024

A Asociación Española de Basuras Marinas (AEBAM) convoca o II II Concurso de Fotografía MARLICE “Obxectivo: Océanos Limpos”.

Admitirase unha imaxe por participante en formato JPG. As fotografías non deben ser galardoadas noutro concurso ou certame. As fotografías non poderán ser alteradas electrónicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Permitiranse mínimas correccións de cor e luminosidade, en caso de dúbidas, o xurado podería solicitar ao autor o arquivo Raw para a súa comprobación. O tema centrarase nos Lixos Mariños, que engloba “calquera sólido persistente de orixe non natural (manufacturado) que fose refugado, depositado ou abandonado en ambientes mariños e/ou costeiros” (UNEP, 2009), incluídos os materiais transportados ao medio mariño desde fontes terrestres a través dos ríos, a escorrentía, a rede de sumidoiros ou pola acción do vento. As imaxes enviaranse en formato .jpg ou .tiff, cun tamaño máximo de 6000 pix no lado maior e cunha resolución de 300 p.p.p. Recomendando o espazo de cor en CMYK.

A presentación das fotografías realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo marlice@aebam.org co asunto II Concurso de Fotografía MARLICE – “Objetivo: Océanos Limpios”.

Requisitos
Poderán participar persoas maiores de idade de calquera nacionalidade.

Dotación
Primeiro premio: 200 €, invitación á cerimonia de entrega en Valencia e gastos de viaxe e aloxamento.
Segundo premio: 100 €
Terceiro premio: 50 €

O prazo de recepción das fotografías estará aberto ata o 20 de abril de 2024.

Máis información
https://aebam.org/
marlice@aebam.org
info@aebam.org