Certame Signus-Traductores del Viento: Unha segunda vida

26 Mar 2024

A Asociación Traductores del Viento, en alianza con Signus Ecovalor S.L. dentro dos seus programas de apoio ás artes, á creación e ao coñecemento, pon en marcha a 3ª Convocatoria anual 2024 “Unha segunda vida”, un Certame de Ideas e de Experimentación Artística, a partir da proposta de reutilización de materiais provenientes da recuperación de pneumáticos, unha vez queda esgotada a súa vida útil. Esta convocatoria diríxese ao sector das artes plásticas na súa totalidade, ás artes visuais, ao deseño, ao libro de artista e á arquitectura.

Seleccionaranse dous proxectos finalistas que pasarán a formar parte dos Fondos de Colección do Certame Signus-Traductores del Viento.

Requisitos
Pode concorrer calquera creador sexa ou non residente en España.

Dotación
Primeiro premio: 1.000 €
Segundo premio: Unha bolsa de aloxamento na Residencia para Artistas de Traductores del Viento por un período de duración dunha semana.

O prazo de presentación de ideas e proxectos estará aberta ata o 23 de abril 2024.

Máis información
https://traductoresdelviento.org
Bases
proyectos@traductoresdelviento.org