Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer

25 Mar 2024

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, AECID, convoca o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento «Vicente Ferrer» destinados a aqueles centros docentes que durante os cursos 2022/2023 e 2023/2024 desenvolvesen accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinados a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible.

A convocatoria está dirixida a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan algunha das seguintes ensinanzas:
Educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación de persoas adultas, bacharelato e formación profesional.

Outorgaranse ata un total de 15 premios que se repartirán entre os distintos niveis educativos.

Os premios, que non levan consigo dotación económica, consistirán en:

- A participación nun Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía global que se celebrará a finais de xuño e primeiros de xullo nas instalacións do Centro de formación de cooperación española en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia). O Seminario terá unha duración de 40 horas lectivas.

- Entrega dun diploma acreditativo de concesión do Premio aos centros educativos gañadores. Este acto celebrarase na sede da AECID en Madrid a primeiros de xullo.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de abril de 2024.
Máis información no BOE do 25 de marzo de 2024 e en https://www.aecid.es/premio-nacional-de-educaci%C3%B3n-para-el-desarrollo