Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior

25 Mar 2024

A Xunta de Galicia convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2022/23 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2023.

Poderanse conceder ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia, e non poderán exceder os 1.000 € por premio.

Requisitos:
1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2022/23 nalgún centro educativo de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2023.
2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

A dotación para os premios será de 1000 € por premio.

O prazo para optar aos premios estará aberto ata o 29 de abril de 2024.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 25 de marzo de 2024 e en https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/