Concurso de Copla do Espazo Xove de Ourense

19 Mar 2024

Poden participar nesta convocatoria todas as persoas e grupos informais (máximo 3 persoas por grupo) que cumpran co rango de idade (12-30 anos).

Categorías:
Idade: 12 a 17 anos.
Idade: 18 a 30 anos.

Formato:
Valorarase a composición, o ritmo, a linguaxe e a retranca, baseadas no formato clásico das coplas dos maios: estrutura temática (benvida, crítica sarcástica sobre o que aconteceu na nosa contorna durante o ano e despedida) estrofas enlazadas e uso da melodía tradicional.
Lonxitude das coplas: máximo 14 estrofas.

Prazo de presentación:  ata o 19 de abril do 2024.

Recepción das coplas:
- Presencialmente no Espazo Xove de Ourense
- Correo electrónico: espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal
- WhatsApp: 672017143
- RR.SS.: Instagram: espazoxove_ourense // Facebook: Espazo Xove Ourense
As persoas participantes deben identificarse por medio do DNI, NIE ou pasaporte.

Premios:
- 1º premio: bono de 60 € para gastar no comercio local.
- 2º premio: bono de 30 € para gastar no comercio local.

Data pra cantar as coplas e entrega de premios: 2 de maio, ás 17 h.


Espazo Xove de Ourense
R/ Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense. Ourense
Teléfono: 988 788 241
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal