Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio no CEIDA

14 Mar 2024
Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio no CEIDA
 
Este curso está dirixido a aquelas persoas que desexen coñecer e empregar de forma eficaz a valiosa ferramenta de comunicación e de xestión que é a Interpretación do Patrimonio.
Todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, profesionais da educación ambiental, informadoras/es turísticos, educadores e educadoras en xeral.
 
Contidos:
UD1. Coñecendo a disciplina. Os tres piares da Interpretación do Patrimonio.
UD2. O coñecemento da audiencia e das técnicas interpretativas. O perfil profesional do interéprete.
UD3. Características da mensaxe interpretativa. A receita da Interpretación do Patrimonio.
UD4. Avaliación dos medios interpretativos.
 
Datas:
Martes 16 Abril a domingo  19 Maio de 2024
 
Inscrición:
95 € (10 % de desconto para persoas asociadas á Asociación para a Interpretación do Patrimonio - AIP).
105 € (para transferencias internacionais).
20 prazas, por rigurosa orde de inscrición.
Máis información:
CEIDA
981 630 618 
981 614 443   
ceida@ceida.org