Manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas

11 Mar 2024

A Xunta de Galicia convoca exames teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

Prazos:
Convocatoria de abril de 2024. Matrícula do 11 ao 22 de marzo, ambos inclusive.
Convocatoria de setembro de 2024. Matrícula do 5 ao 16 de agosto, ambos inclusive.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co procedemento PE616C

Máis información no DOG do 7 de marzo de 2024