Cursos de PRL no ISSL de Galicia

07 Mar 2024
A Xunta de Galicia pon de relevo as actuacións de prevención de riscos laborais con enfoque de xénero ca celebración do 8 marzo, do Día da Muller. 
 
En concreto, no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia Horizonte 2027, avógase pola diversidade na prevención para garantir a igualdade de oportunidades e a protección no traballo independentemente do xénero, da orientación sexual e das características persoais.  
 
No eido formativo, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia leva a cabo módulos complementarios de perspectiva de xénero nos cursos básicos de prevención de riscos laborais, ademais de xornadas técnicas sobre igualdade de xénero no ámbito laboral, sobre os riscos laborais durante o embarazo e a lactación ou sobre o binomio muller e saúde laboral.
 
-Curso de Prevención de Riscos Laborais. Persoal Traballador/a Autónomo/a. Datas: 26/03/2024-06/05/2024
 
-Curso de Prevención de Riscos Laborais. Nivel Básico. Datas: 16/04/2024-14/06/2024
 
-Curso de Prevención de Riscos Laborais. Actividades de tempo libre. Datas: 24/09/2024-22/11/2024
 
Máis información:
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia