Ciclo de conversas Estratexias da Museoloxía Social

06 Mar 2024

A Rede Museística Provincial de Lugo organiza Estratexias da Museoloxía Social da Rede: EdMS24 e abre o período de inscrición para o ciclo de conversas Investigar e aprender no museo: outro tempo.

Este ciclo de conversas forma parte de Estratexias da Museoloxía Social da Rede: EdMS24, unha nova experiencia para a comunidade iberoamericana da Rede: un espazo de diálogo, posta en común e pensamento colectivo. Dende a perspectiva da educación e a investigación no museo -en liña co lema do Día Internacional dos Museos deste 2024– e co foco posto no tempo.

Coñeceranse experiencias, da man de profesionais de referencia internacional nos ámbitos da educación e a investigación no eido museístico. Pero tamén se falará e debatirá sobre que condicións deben darse para xerar contextos con tempo de calidade para que profesionais de museos, outros axentes culturais e a propia comunidade poidan indagar, experimentar e aprender sobre as súas coleccións ou sobre as realidades sociais do territorio.

O ciclo de conversas levarase a cabo en liña todos os martes de 17:00 a 18:30 entre o 9 e o 30 de abril, ambos incluídos.

A inscrición realizase a través do formulario en liña.

Máis información
https://comunidadermpl.gal
Inscrición