Como será a ABAU 2024?

27 Feb 2024

Publícanse as instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes: parte obrigatoria e parte voluntaria.

A parte obrigatoria da proba versará sobre as seguintes materias correspondentes ao segundo curso de bacharelato: Lingua Castelá e Literatura II; Lingua Estranxeira II; Lingua Galega e Literatura II; Historia de España ou Historia da Filosofía, a elección do alumnado no momento da matrícula nas probas, e sobre a materia obrigatoria cursada da modalidade.

BABAUOBRIGATORIA2


Na parte voluntaria, o alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, que escollerá entre as materias de modalidade do segundo curso de bacharelato e a materia común que non escolleran previamente na parte obrigatoria ao optar entre Historia de España e Historia da Filosofía. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse da materia optativa Segunda Lingua Estranxeira II nunha das opcións lingüísticas (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués) distinta da que cursasen na materia común Lingua Estranxeira II.

BABAUVOLUNTARIO

As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

Datas ABAU 2024
Realizaranse dúas convocatorias da ABAU: unha ordinaria e outra extraordinaria.
– As probas correspondentes á convocatoria ordinaria realizaranse os días 4, 5 e 6 de xuño de 2024.
– As probas correspondentes á convocatoria extraordinaria realizaranse os días 2, 3 e 4 de xullo de 2024.

Exames de cursos pasados: https://ciug.gal/gal/abau/exames
Notas de corte de 2023: https://ciug.gal/PDF/ACCESO2023/decimo_prazo.pdf
Máis información: https://ciug.gal/gal/abau