Bolsas Fundame Investigación en universidades e centros no estranxeiro 2024

26 Feb 2024
A Fundación Alfonso Martín Escudeiro convoca 30 bolsas Fundame Investigación para realizar traballos de investigación en universidades e centros de investigación no estranxeiro, en temas que estean comprendidos nalgunha das seguintes áreas:
-Agricultura e gandería
-Ciencias do mar
-Ciencias da saúde
-Tecnoloxía de alimentos
 
A duración da bolsa será por un período mínimo de 12 meses e máximo de 24.
 
As solicitudes cumprimentaranse en liña na páxina web da Fundación Alfonso Martín Escudeiro ata o 30 de abril de 2024.
 
As bolsas adxudicaranse a finais do mes de setembro de 2024. A resolución comunicarase na páxina web da Fundación.
 
A incorporación ao centro de destino realizarase durante os meses de xaneiro, febreiro ou marzo de 2025.
 
 
Requisitos:
-Nacionalidade española.
-Posuír, na data de adxudicación da bolsa, o título de doutor de calquera universidade española ou de especialidade en Medicina (MIR), Bioloxía (BIR), Farmacia (FIR), Psicoloxía (PIR), Química (QIR) ou Radiofísica Hospitalaria (RFIR). 
No caso de ter un título dunha universidade estranxeira deberase acreditar a validación ou recoñecemento do seu título en España.
-Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro para o período solicitado.
-Posuír un bo coñecemento do idioma do país receptor ou ben de calquera outro idioma que permita unha comunicación fluída no centro de investigación.
 
A dotación da bolsa inclúe:
a) Axuda para traslados e instalación por un importe total de 3.100 euros.
b) Seguro de enfermidade e accidentes subscrito pola Fundación Alfonso Martín Escudeiro e no seu caso, o esixido polo centro estranxeiro.
c) Asignación mensual entre 2.000 e 3.400 euros, segundo o país de destino.
 
Máis información:
Teéfono: 91 597 05 14
fines@fundame.org