XXV Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo

13 Feb 2024

O Concello de Valga convoca o XXV Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo en dúas modalidades

Na 1ª Modalidade os traballos de investigación presentados circunscribiranse ao ámbito galego, dentro da especialidade da Etnografía, Paleografía, Numismática, Arqueoloxía, Historia ou Historia da Arte.
- Cada autor/a poderase presentar cunha ou máis obras.
- Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega, ser inéditos e non ter obtido ningún premio anteriormente neste concurso ou en calquera outro.
- Os traballos deberán ter unha extensión dun mínimo de 50 e un máximo de 300 páxinas.

Na 2ª Modalidade, o XXV Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo convoca 1 bolsa de estudios.
- Os proxectos centraranse en estudos Históricos, Etnográficos ou sobre Persoeiros do Concello de Valga.
- As persoas participantes presentarán un guión razoado onde se detallará:
• Os obxectivos que se pretenden acadar co traballo.
• A metodoloxía que se vai empregar.
• As distintas fases de realización do traballo coa temporalización de cada unha das fases.
• Calquera outro contido que se estime oportuno para a valoración do proxecto.

Premios
1ª Modalidade: 4.000 euros.
2ª Modalidade: 3.000 euros.

O prazo de presentación de traballos será ata o día 25 de abril de 2024.

Os traballos dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14
36645 Valga (Pontevedra)

Deberase presentar:

1. Traballos. Os traballos presentaranse baixo lema.
Entregaranse 5 copias tamaño A4, con fonte Arial tipo 12 e interlineado simple.
2. Plica. No exterior conterá o lema e no interior incluirá o nome e apelidos, enderezo, teléfono do autor/a.

Máis información no BOP de Pontevedra do 13 de febreiro de 2024 e en www.valga.gal