Premio Águilas de Relato Breve

12 Feb 2024

O Concello de Águilas convoca o VIII Premio Águilas de Relato Breve.

Cada concursante poderá presentar un só traballo que ha ser inédito e que non pode ter sido premiado noutros certames. Os relatos estarán escritos en castelán, serán de temática libre e terán unha extensión de entre 10 e 25 páxinas en formato PDF.

A presentación das obras realizarase en liña a través de www.mundoarti.com.

Requisitos
Poderá participar calquera persoa residente en España.

Dotación
Primeiro premio: 2.000 €
Segundo premio: 500 €
Terceiro premio: 500 €

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 17 de maio de 2024.

Máis información
https://www.aguilasjuventud.com
https://www.mundoarti.com