PALABRASound-Camino

12 Feb 2024

O Ministerio de Cultura convoca o concurso PALABRASound-Camino no que se establecen dúas categorías:
- Palabra (con ou sen acompañamento musical): poderán optar por presentar unha poesía (poemas recitados, rimas, spoken word, oralidades tradicionais...); un relato (crónicas do Camiño, historias orais, improvisación, micronovela oral…); ou un ensaio (reflexións críticas, pensamentos, micro-podcast…), sempre en formato de vídeo ou audio, nunca escrito.
- Música (con ou sen acompañamento de palabra): poderán presentar unha composición de música urbana (rap, rock, pop…); sons tradicionais e folclore (canción de autor, músicas históricas...); ou experimentación (paisaxe sonora, híbridos, música electrónica…).

As composicións presentadas deberán ter como temática principal o Camiño de Santiago e unha das seguintes opcións: ‘Mocidade e Xeración Z’, ‘Ruralidade’, ‘Ecoloxía e cambio climático’, ‘Inclusión e igualdade social’, ‘Diversidades’, ‘Feminismos’ e ‘Memoria e imaxinarios futuros’.

As obras deben ser orixinais e inéditas, e presentaranse en formato de audio (mp3) ou vídeo (mp4) de non máis de 3 minutos de duración.

Requisitos
Persoas mozas de entre 15 e 25 anos (ambos inclusive) residentes en calquera localidade española.

Dotación
O premio, de carácter simbólico, é a participación nun evento final que consistirá nun encontro multidisciplinar con público onde poderán presentarse as composicións e creacións gañadoras e no que participarán artistas recoñecidos do ámbito da palabra e a música.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de marzo de 2024.

Máis información
https://www.cultura.gob.es
consejo.jacobeo@cultura.gob.es