Bolsas da Fundación Botín

09 Feb 2024

A Fundación Botín convoca as Bolsas de Arte e de Comisariado de exposicións e Xestión de museos de 9 meses de duración. As solicitudes e achegas de documentación realizaranse exclusivamente por vía telemática a través da páxina web de Fundación Botín www.fundacionbotin.org/becas-convocatorias.

Bolsas de Arte

A Fundación Botín convoca 6 bolsas de Arte destinadas a formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística (non traballos teóricos).

A dotación total é de 23.000 euros por axuda, comprendendo os conceptos de viaxes, aloxamento, manutención, alugueiro de estudo, etc., ademais dun seguro médico en caso de precisar desprazamento a un país distinto ao de residencia. O importe das bolsas, que serán directas, indivisibles, intransferibles e incompatibles con calquera outra axuda institucional para o mesmo concepto, entregarase un 45% ao comezo do goce, un 25% nos dous trimestres naturais seguintes e o 5% restante á recepción da memoria final do proxecto.

A convocatoria diríxese a artistas de calquera nacionalidade e idade. Unha das bolsas destinarase con prioridade a creadores menores de 30 anos españois ou residentes durante polo menos os últimos 5 anos.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 3 de maio de 2024.

 

Bolsa de Comisariado de exposicións e Xestión de museos

A Fundación Botín convoca unha bolsa no estranxeiro destinada a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral (curatorial studies). O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea (desde as vangardas á actualdiade).

A dotación total da bolsa comprende 18.000 euros, en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc., aos que se sumarán ata un máximo de 12.000 euros destinados ao abono da matrícula no centro de formación elixido.

A convocatoria diríxese a cidadáns españois, de entre 22 e 40 anos, que sexan diplomados, licenciados, graduados ou estudantes de posgrao, en Belas Artes, Historia da arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades, ou Crítica de Arte; ou ser profesional da arte que, non cumprindo os requisitos anteriores, poida demostrar capacitación no campo.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 28 de abril de 2024.

Máis información
Bolsas de Arte
Bolsa de Comisariado de exposicións e Xestión de museos
www.centrobotin.org/becas
becas@fundacionbotin.org
942 226 072