Concursos Literarios "O Facho"

08 Feb 2024

A Agrupación Cultural o Facho convoca os Concursos de Teatro Infantil e de Poesía.

Concurso de Teatro Infantil 2024
As obras serán inéditas, escritas en ligua galega e non poden ter sido presentadas nin premiadas noutros certames. A extensión máxima da obra será de 80 páxinas.

Requisitos
Poderá presentarse calquera persoa, sen restricicións de nacionalidade nin idade.

Dotación
Premio único: 500 €

Concurso de Poesía 2024
As obras serán inéditas, escritas en ligua galega e non poden ter sido premiadas noutros certames. A extensión mínima da obra será de 300 versos.

Requisitos
Poderá presentarse calquera persoa menor de 35 anos sempre que non publicase ningún libro individual de poesía.

Dotación
Premio único: publicación da obra pola Editorial Medulia.

A presentación das obras de ambos concursos realizarase mediante envío postal ao enderezo "Agrupación Cultural O Facho" Caixa de Correos nº46 Oficina Principal da Coruña 15001 (A Coruña).

O prazo de admisión de orixinais de ambos concursos estará aberto ata o 16 de abril de 2024.

Máis información
https://ofacho.com/
Bases Concurso Teatro Infantil
Bases Concurso Poesía