Bolsa para o Máster en Belas Artes do Art Institute FHNW de Basilea

07 Feb 2024

A Fundación María José Jove (FMJJ) convoca a IV edición da Bolsa de formación Artística FMJJ que permite cursar o Máster en Belas Artes do Art Institute FHNW de Basilea (Suíza) a artistas nados en Galicia.

A bolsa terá unha duración de dous anos, correspondentes á duración do Máster. As solicitudes dos artistas interesados deberán realizarse directamente no Art Institute FHNW, segundo os trámites establecidos pola institución a través da súa páxina web. No seu caso, tras a admisión do alumno no máster, o Art Institute FHNW comunicará á Fundación María José Jove dita aprobación para a tramitación da bolsa e a súa consecuente dotación económica.

Á finalización do Máster, o artista bolseiro/a deberá facilitar unha obra á Fundación María José Jove, que pasará a formar parte da colección de arte da institución.

A convocatoria está aberta ata o 15 de marzo de 2024.

https://www.fundacionmariajosejove.org/becas-de-formacion-artistica-fmjj/