Programa Investigo, contratación de persoas mozas

06 Feb 2024

A Xunta de Galicia convoca o Programa Investigo para a contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos, por parte de empresas que estean a investir en investigación e innovación na realización das iniciativas de investigación e innovación.

A presentación das solicitudes realizaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario TR349V.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de marzo de 2024.
Máis información no DOG do 6 de febreiro de 2024