Apoio ao emprendemento

05 Feb 2024

A Xunta de Galicia convoca subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 en Galicia.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través do formulario TR880A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 12 de febreiro ata o 28 de xuño de 2024.
Máis información no DOG do 5 de febreiro de 2024 e en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/emprendemento-e-autonomo.html