Mostra de Artes Escénicas "Granajoven"

01 Feb 2024

A Concejalía de Juventud do Ayuntamiento de Granada covoca a XII Mostra de Artes Escénicas "Granajoven 2024" para a promoción, fomento e difusión da diversidade de tendencias e linguaxes das artes escénicas contemporáneas. Establécense catro modalidades:
-Modalidade Teatro
-Modalidade Danza
-Modalidade Escénicas (circo, música, monicreque, performance, etc.)
-Modalidade Escolares

A presentación das obras realizarase a través dun formulario accesible na web da Concejalía de Juventud granajoven.granada.org. As persoas participantes incluirán nesta ficha unha ligazón íntegra da proposta escénica que se presenta. Cada peza terá unha duración de entre 10 e 40 minutos.

Requisitos
Poderán participar nesta convocatoria artistas de maneira individual, grupos e/ou compañías con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos. Non obstante os/as directores/as, coreográficos/as ou formadores/as estarán excluídos do límite de idade.

Dotación
-Modalidade Teatro: 1.000 €
-Modalidade Danza: 1.000 €
-Modalidade Escénicas: 1.000 €
-Modalidade Escolares: 1.000 €

O prazo de presentación ao concurso será ata o 15 de marzo de 2024.

Máis información
https://www.granada.org
espaciojoven@granada.org