Cursos en Santiago de Compostela de Monitor/a de tempo libre da ETL Don Bosco

25 Xan 2024

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre nas fins de semana, dende o 17 de febreiro ata o 26 de maio de 2024.

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas do curso 1:
Febreiro: 3, 4, 17, 18, 24 e 25
Marzo: 9 (acampada), 10 , 16, 17, 23 e 24
Abril: 6, 7, 13, 14, 20 e 21
Maio: 4 e 5

Datas do curso 2:
Febreiro: 17, 18, 24 e 25.
Marzo: 2, 3, 9, 10, 23 e 24.
Abril: 6, 7, 13, 14, 27 e 28.
Mayo: 11, 12, 25 e 26

Horarios: As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

Equipo necesario para as sesións online:
Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250 €. Taxas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)
A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.

https://cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/480-curso-de-monitor-a-de-tempo-libre-2024-primavera-ii