Curso na Guarda de Monitor/a de Tempo libre

23 Xan 2024

A OMIX do Concello da Guarda abre o prazo para solicitar a inscrición no curso de Monitor/a de Tempo libre que se organiza a través de este departamento.

O curso ofrece a posibilidade de obter un título oficial que permitirá as persoas que estén interesadas, traballar no ámbito do tempo de lecer.
A formación consta dun total de 350 horas das que 200 horas pertencen á fase teórica e 150 á fase práctica.
Os requisitos para poder realizar o curso son: ter cumpridos 18 anos e posuir o título de educación secundaria.
O prezo total do curso é de 250€ ou 235€ coa oferta amizade (situación desemprego, familia numerosa, carné xove ou no caso de inscribirse conxuntamente cunha amiga ou amigo) que poderá fraccionarse en dous pagos.
O curso levarase a cabo dende o 2 de marzo ata o 2 de xuño no seguinte horario: sábados de 9:00 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 e domingos de 9:00 a 14:00 horas.
A inscrición realizarase a través do correo electrónico informacion@aguarda.es deixando nome completo, data nacemento, mail, teléfono de contacto e enderezo postal. Deberase achegar a copia do DNI e da titulación requirida para poder realizar o curso.
O prazo para poder inscribirse estará aberto ata o 23 de febreiro de 2024

Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil da Guarda. Teléfono 986 614 546

https://www.aguarda.es/servizos-municipais/xuventude-omix/