Subvencións a actividades escénicas e musicais en Ourense

22 Xan 2024

A Deputación de Ourense convoca subvencións para a realización de actividades escénicas e musicais con carácter público na provincia de Ourense, promovidas por persoas ou por asociacións.

O importe subvencionable será do 50% do custo total de cada actuación.
Os custos totais para cada unha das actuacións son os seguintes:
-Bandas de música: 900 € por cada actuación. No caso das bandas de música integradas por 26 ou máis membros, engadiranse
25 € por cada integrante da banda participante na actuación que exceda de 25, ata o límite máximo de cincuenta membros.
- Grupos de gaitas: (ata 5 compoñentes): 300 €.
- Bandas de gaitas: (máis de 5 compoñentes): 300 € máis 25 € por cada compoñente que exceda de cinco, ata un tope de
vinte e cinco membros.
- Charangas: Ata dez compoñentes: 500 €; máis de dez compoñentes: 650 €.
- Orfeóns e corais: 650 €.
- “Rondallas” e tunas: 650 €.
- Grupos de rock, folk, jazz, pop e similares: 900 €.
- Grupos de danza folclórica: 600 €.
- Grupos de teatro, magos, pallasos e malabares: 600 €.
- Outros: 600 €.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de decembro de 2024.
Máis información no BOP de Ourense do 22 de xaneiro de 2024