Concurso de Historia Eustory Iberia

05 Dec 2023

A rede Eustory a través da Real Maestranza de Cabalería de Ronda en colaboración coa Asociación de Profesores de Historia, Hespérides Asociación de Profesores de Xeografía e Historia e a Associação de Professores de História de Portugal convocan a XVII Edición Concurso de Historia Eustory Iberia. O concurso Eustory pretende que os mozos investiguen e coñezan a historia da súa contorna inmediata, e que o relacionen co tema desta XVII convocatoria: “Fins compartidos. As nosas institucións e as súas historias".

O traballo debe recoller un aspecto da contorna próxima. Desde ese punto de partida, o obxectivo é que os participantes reconstrúan a súa historia utilizando fontes de investigación primarias e secundarias. Pode presentarse de forma individual ou en grupo e en calquera formato: traballo escrito, presentación multimedia, desenvolvemento dunha páxina web, blogue, vídeo, audio, fotografía, obra de arte, texto dramatizado etc. Os alumnos poderán presentar os traballos nos idiomas castelán, catalán, eúscaro, galego e portugués.

Os participantes poderán contar coa axuda e o apoio dun titor que lles sirva de guía na investigación. A participación dun titor non é obrigatoria aínda que si recomendable. En caso de contar cun titor, o seu labor será igualmente recoñecida cun premio en metálico.

Requisitos
Alumnos de España que estean a cursar en 2023-2024: 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada ou ESPA menores de 21 anos, e niveis equivalentes de Portugal, así como a estudantes non universitarios de entre 14 e 21 anos nados ou residentes en América.

Dotación
Primeiro premio: 2.500 € Alumnos / 1.250 € Titores
Segundos premios (4): 1.000 € Alumnos / 500 € Titores
Terceiros premios (5): 500 € Alumnos / 250 € Titores
Accésit (10): 200 € Alumnos / 100 € Titores

O prazo de recepción dos traballos estará aberto ata o 18 de agosto de 2024.

Máis información
https://eustory.es/