Certame Óscar Abril Alegre de Relatos para a Mocidade

04 Dec 2023

A Asociación Grupo Literario Cultural Alfambra convoca a XVI edición do certame literario de relatos para a mocidade Óscar Abril Alegre. O tema será libre, pero valorarase moi positivamente que conteña valores humanos, tales como a paz, a solidariedade, a liberdade, a convivencia ou calquera dos Dereitos Humanos.

Cada autor poderá enviar un máximo de dous traballos que deberán presentar baixo pseudónimo, achegando plica pechada na que no seu exterior figure título e pseudónimo e dentro nome, apelidos, dirección, teléfono e correo electrónico. Os traballos enviaranse por correo postal, figurando no sobre "Certamen de relatos Óscar Abril Alegre", ao seguinte enderezo: “Asociación Grupo Literario Cultural Alfambra” Calle Estudio, 21, 44160 Alfambra (Teruel).

Requisitos
Poderán participar mozos españois ou estranxeiros que non teñan cumpridos os 30 anos de idade en data 1 de xaneiro de 2024.

Dotación
Un único premio de 400 euros e trofeo.

O prazo de recepción de orixinais esatrá aberto ata o 5 de marzo 2024.

Máis información
https://grupoliterarioculturalalfambra.blogspot.com