Premio de Oratoria en Podcast "Ramón Otero Pedrayo"

29 Nov 2023

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca o II Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

O certame está destinado a estudantes de 15 a 25 anos de idade.

Os temas preferentes das pezas que se presenten ao premio serán o medio ambiente, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral e a tradición oral. Todos temas do universo oteriano. O idioma será o galego.

As pezas enviaranse ao correo da asociacion: amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2024.

Cada peza debe ter unha presentación do/a autor/a e do tema, unha mensaxe central e un peche.

Premios:
1º premio, un ordenador portátil e 500 € en produtos Coren.
2º premio, dotado con 500 € en produtos Coren achegados por esta empresa.
3º premio, dotado con 200 € en produtos Coren achegados por esta empresa.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-26987.pdf