Purorrelato. Microrrelatos de Casa África

12 Feb 2024

Casa África convoca o concurso de microrrelatos «Purorrelato» 2024

Poderán participar e optar aos premios todas aquelas persoas maiores de 18 anos que sexan autoras de microrrelatos.

O obxectivo é achegarse a aquelas persoas interesadas na escritura que poidan desenvolver a súa creatividade sobre temáticas africanas motivando un interese por achegarse ás realidades do continente veciño, poñendo en valor a multiculturalidad, a convivencia e, en definitiva, o enriquecemento que supón a interacción entre distintas culturas.

Premios:
- Primeiro premio: 750 euros.
- Segundo premio: 375 euros.
- Terceiro premio: 225 euros.
Ademais dos premios dotados economicamente, Casa África poderá conceder accésits ou mencións especiais aos autores cuxo texto quede clasificado entre o cuarto e o sexto lugar.

O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de abril de 2024 ás 14.00 horas

Máis información no BOE do 28 de novembro de 2023 e en https://www.casafrica.es

Se queres ler obras gañadoras noutras edicións, aquí tes o enlace: https://www.casafrica.es/es/premios-de-casa-africa